domingo, 17 de mayo de 2009

Ruanova 0-1 Belvís. Crónica.

Partido disputado no Municipal de Sta. Isabel con polémica arbitraxe incluída.

Por parte do Ruanova xogaron 1.Vicente (c) 2.Fagilde 3.David 4.Jaime 5.Toni 6. Adrián Mato 7. Rubén Varela 8. Borja Paredes 9.Pedro 10. Kun Mariño 11. Rafa.

Banco de suplentes: Jairo, Santi Fagilde, Baluja, Calaza y Pepis.


Comezou o partido con dominio abrumador do Ruanova, presión asfixiante ao rival, circulación rápida de balón e algunha que outra ocasión de gol. O Belvís saiu un pouquiño durmido e en todo o encontro non fixo valer a súa condición de equipo de 2ª rexional agás no plano físico sobre todo nos últimos 10 minutos da primeira parte e 20 da 2ª onde o Belvís foi cando creou perigo e tivo as oportunidades máis claras, recordo unha falta que se colaba pola escadra, remate que saca Vicen a córner, despexe de Jaime baixo paos e dous man a man con Vicente marrados.

Na 2ª parte continuou a polémica con trío arbitral xa que un dos linieres parecía que saira onte e non se enteraba de nada, catro foras de xogo non pitados que lle costaron a eliminatoria ao Ruanova xa que nun deses foi o pase da morte hacia adiante que supuxo o 0-1 a falta de 15´ minutos para o final e botaron abaixo todo o esforzo mágnifico do equipo que tivo varias oportunidades non aproveitadas e zecais notouse en exceso a falta do capitán e máximo goleador Andrés Solla.

Con este partido remata a tempada para o Ruanova, partido que supuxo a despedida do míster Alfonso Paredes, ao cal en condición de Presidente dou as gracias pola súa excelente labor ao frente do equipo e polo que nos ensinou en todos estes meses que estivo con nós. Tamén quero agradecer aos xogadores do equipo que tanto se esforzaron por este clube ao largo da tempada estando presentes nas boas e nas malas, gracias tamén para Daniel e Pedro que estiveron toda a tempada axudando como 2º adestrador e Delegado respectivamente e bueno decir que volveremonos atopar o Venres na Cea de final de tempada, Gracias Amigos.

domingo, 10 de mayo de 2009

Belvís 2-1 Ruanova. Crónica

Partido disputado no municipal das Cancelas en tarde nublada.


Polo Ruanova xogaron Vicente baixo paos, defensa de catro formada por Toni, Serxio, David e Manu, doble pivote para Rúa e Rubén acompañados nas bandas por Borja e Mato e de puntas de lanza Pedro e Andrés.


Comezou o equipo a durmires, faltaba ese chisco de intensidade que hai entre categoría e categoría que cedo nos custou un gol en contra provocado por unha cadea de desaxustes, o equipo seguiu traballando e atopou o empate á saída dun córner botado por Borja e que Andrés encargouse de finalizar. Parecía que o equipo recompuxerase do primeiro mazazo e xa estaba asentado no campo cando chegou o segundo do Belvís, regate na área de Moure e zarpazo pegado ao pao no que Vicen non puido facer nada.

Á volta do descanso e despois de un par de trocos viuse a mellor versión do Ruanova, presión e intensidade foron os mellores aliados para intentar levantar o partido e por ocasións non foi, remate ao pao de Toni despois dunha arrancada en campo de seu, tio de Dani Campanero ao pao tamén, ocasión clara para Borja... pero o balón non quería entrar, ocasións do belvís na segunda creo que o seu bagaxe ofensivo foi de dous tímidos disparos mentres que na 1ª parte aparte dos tantos disparou 2 veces máis a portería sen perigo. Eliminatoria sen decidir polo tanto queda todo para dentro de 7 días.

domingo, 3 de mayo de 2009

Urban 1-4 Ruanova. Comezou a copa!!!

Tarde soleada de Domingo no Municipal das Cancelas, partido ante un equipo inédito nesta liga como foi o Urban.

O Ruanova formou con Vicente baixo paos, liña de cobertura para Jaime e Mato no centro e Toni e Manu nos carrís, la liña de creación xogaban Kun Mariño, Rubi, Rúa e Baluja e como homes máis adiantados Dani Campanero e o pichichi do equipo Andrés Solla. Completaban a expedición Jairo, Serxio e Pedro.


Comezaba o partido cun Ruanova bastante relaxado, lento ritmo de xogo e pouca precisión nos pases o que propiciou que o Urban se botase enriba do portal de Vicente. Esa foi a tónica de toda a 1ª parte, saliantar unha ocasión de Dani que botou por riba do portal do Urban e varios achegamentos do Urban á área pero sen perigo.

A segundaparte comezou con outra tónica, fixo efecto a charla no vestiario e os xogadores tiraron de mono de traballo, pero antes avisou o Urban, xogada precedida dunha falta a Toni o que propicia que un xogador do Urban quede só diante dos dominios de Vicente pero que non acertou a batilo gracias a unha boa intervención.
Ese foi o empuxón que necesitaba o Ruanova para inaugurar o marcador e fxo tras un pase a Andrés Solla que arrancou dende campo de seu e definiu perfectamente, co encontro a favor o Ruanova seguiu buscando máis e máis e sería cando chegaría o doblete de Rubi e o gol e Pedro. O Urban buscou a honra e encontrouna cun disparo cruzado que rexeita Vicente e un xogador contrario recolle o balón para batelo a porta valeira.

Próximo rival copeiro o Belvís xa a partido dobre.

viernes, 1 de mayo de 2009

Goleadores en liga 2008/09

solla 20 goles 22 partidos jugados
miguita 1 gol
pepis 3 goles
jaime 1 gol
toni 2 goles
rafa 14 goles 22 partidos jugados
chupin 6 goles
pedro 6 goles
campanero 3 goles
kun 6 goles
mato 4 goles
rubi 2 goles
balu 5 goles
borjita 15 goles 31 partidos jugados
vicente 1 gol 32 partidos jugados

Ruanova 3-2 Cotelga. Crónica

Alineación: Vicente, Toni, Manu, Mato, Jaime, Rubi, Baluja, Borja, Kun Mariño, Pedro y Dani Campanero.

Tambien jugaron: Jairo, Fagilde, Santi y Calaza.


Último partido en el que ambos equipos no se jugaban nada y tenían la mente en la copa más que en el partido liguero. No existía un dominador claro de partido y debido a la falta de tensión llegó el 1-0 después de un fallo de Vicente, poco después empataría el Ruanova por mediación de Borja al que no le contabilizaron ungol fantasma después de haber pegado en el larguero.

Despues del descanso llegarían los goles restantes en pocos minutos, en la que un inspirado Kun Mariño (apodo que le puso el mister) decidió el partido con dos goles definidos a la perfección y con una gran sutileza. Ahora a pensar en el partido del Domingo a las 19:30 en As Cancelas contra el Urban, partido ya de copa a eliminatoria única. Recordemos que hay que ir a por todas y desquitarse de lo del año pasado, por lo tanto.. VAMOS RUANOVA!!!!!!!!!!!!