Partido disputado no municipal das Cancelas en tarde nublada.
Polo Ruanova xogaron Vicente baixo paos, defensa de catro formada por Toni, Serxio, David e Manu, doble pivote para Rúa e Rubén acompañados nas bandas por Borja e Mato e de puntas de lanza Pedro e Andrés.
Comezou o equipo a durmires, faltaba ese chisco de intensidade que hai entre categoría e categoría que cedo nos custou un gol en contra provocado por unha cadea de desaxustes, o equipo seguiu traballando e atopou o empate á saída dun córner botado por Borja e que Andrés encargouse de finalizar. Parecía que o equipo recompuxerase do primeiro mazazo e xa estaba asentado no campo cando chegou o segundo do Belvís, regate na área de Moure e zarpazo pegado ao pao no que Vicen non puido facer nada.
Á volta do descanso e despois de un par de trocos viuse a mellor versión do Ruanova, presión e intensidade foron os mellores aliados para intentar levantar o partido e por ocasións non foi, remate ao pao de Toni despois dunha arrancada en campo de seu, tio de Dani Campanero ao pao tamén, ocasión clara para Borja... pero o balón non quería entrar, ocasións do belvís na segunda creo que o seu bagaxe ofensivo foi de dous tímidos disparos mentres que na 1ª parte aparte dos tantos disparou 2 veces máis a portería sen perigo. Eliminatoria sen decidir polo tanto queda todo para dentro de 7 días.
domingo, 10 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Vamos chavales! Hay que darlo todo para pasar de ronda y ya veréis que lo vamos a conseguir. Yo voy a darlo todo para estar a tope el domingo y poder ayudar en lo que sea.
Jaime
Publicar un comentario