domingo, 3 de mayo de 2009

Urban 1-4 Ruanova. Comezou a copa!!!

Tarde soleada de Domingo no Municipal das Cancelas, partido ante un equipo inédito nesta liga como foi o Urban.

O Ruanova formou con Vicente baixo paos, liña de cobertura para Jaime e Mato no centro e Toni e Manu nos carrís, la liña de creación xogaban Kun Mariño, Rubi, Rúa e Baluja e como homes máis adiantados Dani Campanero e o pichichi do equipo Andrés Solla. Completaban a expedición Jairo, Serxio e Pedro.


Comezaba o partido cun Ruanova bastante relaxado, lento ritmo de xogo e pouca precisión nos pases o que propiciou que o Urban se botase enriba do portal de Vicente. Esa foi a tónica de toda a 1ª parte, saliantar unha ocasión de Dani que botou por riba do portal do Urban e varios achegamentos do Urban á área pero sen perigo.

A segundaparte comezou con outra tónica, fixo efecto a charla no vestiario e os xogadores tiraron de mono de traballo, pero antes avisou o Urban, xogada precedida dunha falta a Toni o que propicia que un xogador do Urban quede só diante dos dominios de Vicente pero que non acertou a batilo gracias a unha boa intervención.
Ese foi o empuxón que necesitaba o Ruanova para inaugurar o marcador e fxo tras un pase a Andrés Solla que arrancou dende campo de seu e definiu perfectamente, co encontro a favor o Ruanova seguiu buscando máis e máis e sería cando chegaría o doblete de Rubi e o gol e Pedro. O Urban buscou a honra e encontrouna cun disparo cruzado que rexeita Vicente e un xogador contrario recolle o balón para batelo a porta valeira.

Próximo rival copeiro o Belvís xa a partido dobre.

2 comentarios:

Miguita dijo...

Vale Maese Pardo!

A polo Belvís!

Pepis dijo...

para este doble compromiso hago una llamada a la afición y sobretodo decir q el señor ex presidente de nuestra entidad y yo, estaremos en la grada, bombo en mano xD